A de tecnoloxía é no Nadal a sección dos folletos de publicidade que máis fielmente se segue. Todo nos parece bo e práctico, porque case todo está feito para entrarnos ben polo ollo, mais cómpre ter un aquel de tino e non deixarnos engaiolar polas luces destas festas, que semellan ter como principal finalidade a de conseguir que nos desprendamos canto antes deses cartos que nos pesan na carteira. O caso dos megapíxeles válenos moi ben para explicar o significado de toda esta parrafada. Non se sabe moi ben por que, unha boa parte dos compradores de cámaras dixitais (entre os que me inclúo) seguimos coa teima de crer que son o máis importante dun aparello destas características e que moi dificilmente poderemos sacarlle rendemento e facer boas fotografías se baixamos dos oito. Esta crenza semella un dogma de fe. No tema dos computadores, principais puntos de unión entre as persoas e a información, tamén hai unha boa “desinformación”. Por exemplo: por que seguimos a pensar que só os ordenadores con software propietario poden ser bos para os nosos fillos? Que necesidade hai de presumir coas amizades que pagamos de xeito escrupuloso as respectivas “licenzas” se logo descubrimos que case nin chegamos a fin de mes co noso soldo e resulta que no mercado hai ordenadores con programas de software libre que son quen de achegar óptimos niveis de rendibilidade?
O tecnolóxico, non sempre é bo
Logo tamén está o tema do mito da comenencia do tecnolóxico, unha cuestión da que se podería falar moito e ben, pero que aquí resumiremos en poucas liñas (que ninguén se asuste) e malamente. Disto, de quitarlle importancia ó tecnolóxico, falaron recentemente The Geek Squad (en galego, algo así como O Escuadrón Friki) na súa web.
O caso é que segundo esta grea de usuarios de tecnoloxía, xa é hora de poñer as cousas no seu sitio e de enxergar que a tecnoloxía non é necesariamente o mellor agasallo que lle podemos facer a calquera persoa. Hai que entender que hai persoas que non poden ver os móbiles nin os computadores diante, e non por iso deixan de ser persoas (...). E logo, se finalmente agasallamos tecnoloxía a un tecnófobo, con toda seguridade lle imos complicar ben a vida, posto que terá que darlle uso por tratarse dun agasallo, e seremos responsables dunha perda importante na súa calidade de vida. Pero podemos ir alén: de que serve agasallar cunha impresora a quen non ten computador? E para que serve unha cámara dixital sen equipo informático? E un iPod a quen non navega en Rede? E que pasa cun programa que só corre en software propietario que cae nas mans de alguén que só emprega software aberto? E que sentido ten poñer unha consola Wii nas mans dun neno que está todo o día subido ás árbores e tirando pedras ós estanques? En definitiva, aquí vai a norma básica que toda persoa con certa cantidade de miolos dentro da cabeza debe seguir sempre, aínda que lle pese: o mellor agasallo non é por norma o agasallo que queremos para nós. Así de sinxelo. E coa tecnoloxía pasa igual.
A labazadas por unha consolaO tema das consolas de videoxogos dá para moito. Partindo da base de que en Xapón andaron ás labazadas ás portas dos lugares de venda o día en que se puxo no mercado a Play Station 3, debemos entender que calquera cousa é posible. Sexa como sexa, se cadra non é este o mellor intre para mercar unha consola de videoxogos e, dende aquí, recomendamos que se faga só se é estritamente necesario (é dicir: só se hai un neno que ameaza con retirarnos para sempre a palabra... aínda que, ben pensando, que clase de xesto educativo sería o de pórlle fin á súa teima co agasallo que desexa?). O de que esta non é unha boa época para mercar consolas dicímolo polas dificultades de obter un produto como a Wii de Nintendo sen acabar a tortas cos demais clientes dun centro comercial, que son os lugares de venda onde hai máis posibilidades de atopar a consola, xa que nos minoristas funcionaron a base de ben as reservas anticipadas. Sexa como sexa, non sería máis lóxico agardar a que acougue esta febre das consolas? Para deixar claro todo isto dunha vez: a Play Station 3 de Sony non se vai vender en Galiza até o mes de marzo, e a Wii de Nintendo si que está no mercado, pero en cantidades moi reducidas, o que orixina unha chea de desastres. Polo que respecta á Xbox 360, cómpre dicir que todo segue igual: véndese a bo ritmo a versión que todos coñecemos. O que non deixa de ser curioso é o incremento de vendas en todo o mundo experimentado pola Nintendo DS, que se viu beneficiada pola falla de unidades dispoñibles de Wii e PS3. En definitiva: que cada quen decida se paga a pena andar de aquí para acolá á procura dunha consola.
Computadores, en reserva
Algo semellante ó que dicimos das consolas podemos dicilo dos computadores. Antonio Espejo (El País) dálles este consello a todos aqueles que estean a pensar na renovación dos seus equipos: agardade un par de meses. Cal é razón disto? Non tería a súa lóxica que o Nadal fose a mellor época para facerse cun computador, ó incrementarse a oferta e, en consecuencia, abaratarse os prezos? Ben, a xuízo deste xornalista, todo depende de que tipo de ordenador queremos mercar e, sobre todo, que tipo de programas queremos que albergue. Se mordemos as unllas a todas horas por un equipo con Windows, non é cousa mala que lembremos que o novo sistema operativo, o Vista, aínda non se puxo á venda para o común dos mortais (só a nivel empresa), e que se temos pensado usalo non podemos esquecer que o computador que adquiramos deberá cumprir uns requisistos mínimos de capacidade que de por si semellan altos abondo: 512 mb para a versión máis sinxela e 2 gigas para a máis completa; tarxeta de vídeo de 128 mb, procesador de 32 bits ou de 64 bits a 1 gigaherzio de velocidade e entre 60 e 80 gigas recomendables de disco duro (chegando ós 200 se o que queremos é a versión completa e desexamos ter espazo abondo para fotografías, vídeos ou arquivos de música). Polo que respecta ós ordenadores Apple, cómpre dicir que tamén se prevén novidades, mais non agora, senón logo do Nadal, a principios de xaneiro (presentación de programas) e na primavera, que é cando se porá en circulación de xeito definitivo o sistema operativo Mac OS X 10.5 (Leopard). As cousas cambian se falamos de Linux, xa que non depende en absoluto de esixencias do mercado nin de presentacións oficiais nin de pago de licenzas. Os equipos con programas de código aberto (software libre) son hoxe en día unha moi boa opción, en constante crecemento (grazas a unha comunidade de desenvolvedores espallada por todo o mundo e traballando en mancomún) e recoñecida incluso por Microsoft, que considera que ten este novo xeito de entender a cultura do software ten moito futuro.
Os reprodutores de DVD, na encrucillada
O mesmo podemos dicir dos reprodutores de DVDs, agasallos por excelencia do Nadal, que se atopan neste intre nun fervedoiro de incógnitas. Así, tendo en conta que xa saíron ó mercado os HD DVD (novo formato con máis capacidade e calidade de imaxe e son) de Toshiba e que a previsión é a de que baixen de prezo nos vindeiros meses, ten lóxica mercar hoxe en día un reprodutor de DVD convencional? O reprodutor de HD DVD, que é o formato que compite co Blu-Ray da casa Sony (máis caro), ten o que se podería chamar unha clara vantaxe, dentro de todo o malo que representa o feito de obrigarnos a cambiar unha vez máis de aparello tecnolóxico: é compatible cos DVDs que xa temos na casa. Ademais, inclúe lector de Divx e un proxector de imaxes cunha diagonal de 40 centímetros. Os formatos HD DVD e Blu-Ray (os novos Beta e VHS do mercado) son, a fin de contas, unha nova estratexia da industria e da sociedade de consumo para obrigarnos a facer o que a elas máis lles gusta: que merquemos. Así están as cousas.
A resposta non estaba nos megapíxelesDefinitivamente, o dos megapíxelesmegapíxeles. O ideal, segundo apuntan especialistas na materia como David Pogue en The New York Times, é que, de facérmonos cunha cámara, merquemos unha que teña entre catro e cinco, sobre todo se non temos intención de editalas nin de amplialas moito. O aforro de cartos pode ser considerable se o facemos así, e tamén podemos darlle máis xogo á cámara, ó reducir o espazo na tarxeta de memoria e o tempo de espera entre a obtención dunha foto e da seguinte.
En realidade, todo depende unha vez máis, do uso que lle queiramos dar, polo que é evidente que se somos fotógrafos profesionais todo o devandito non serve para moito. Porén, partimos da base de que somos afeccionados. Outro dos consellos, segundo Pogue, xira arredor do zoomrazoable, de 512 mb. Logo, no que se refire á feitura e ó modelo, somos nós os usuarios os que temos a última palabra, e dependendo dos nosos gustos persoais poderemos elixir entre tarxetocámaras,miúdas cámaras de peto, réflex ou modelos semiprofesionais con zoom, todas elas igual de válidas.
Unha boa guía para afeccionados á fotografía dixital pode ser a información que provén das redes sociais en liña de fotógrafos. Por exemplo Flickr, onde recentemente se puxo a disposición dos internautas unha listaxe cos modelos máis empregados polos usuarios, acompañada de comentarios, detalles, prezos e mesmo imaxes obtidas con esas cámaras.
Podemos ver a listaxe en www.flickr.com/cameras, e no ranking figuran as Canon como as máis usadas, destacando a Canon EOS Digital Rebel XT no primeiro posto. No que se refire ós móbiles con cámara, gaña o Sony Ericsson K740i. é hoxe en día coma o omega3 nos alimentos: se non están presentes en boas cantidades nosprodutos que mercamos, somos quen de armar unha boa. Pero probablemente hai cousas máis importantes nas que pensar, e no caso das cámaras dixitais (por moito que nos digan algúns vendedores), o feito de sacar ou non unha boa foto depende máis de factores como a calidade do obxectivo e do sensor ca dos dixital. Isto (comenta) debemos ignoralo, posto que non é máis que a simple ampliación dunha imaxe. O que nos debe importar é o óptico e o seu número (canto máis alto mellor: de tres cara a arriba), e que consiste en achegármonos de verdade ó suxeito. Asemade, é importante emprestar atención á tarxeta, xa que hai moitas cámaras que veñen cunha que se enche con catro ou cinco fotos de calidade. O ideal é que nos fagamos cunha tarxeta
13 dic 2006
Cuidado con las compras tecnológicas navideñas
He extraído de Código Cero este interesante artículo (siento si alguien no sabe gallego pero no me apetecía nada traducirlo, quizá OpenTrad, aunque con deficiencias, le pueda ayudar):
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario