Tódolos xoves ás 22:15 emiten na TVG o programa Historias de Galicia. Facía tempo que non vía eu a telegaita, pero chamounos a atención en casa a forma e fondo deste programa, pouco habitual hoxe en día na programación televisiva.
O programa dura media horiña, faise moi ameno, e trata de explicar porqués na historia de Galicia.
As recreacións históricas están ben feitas, e o presentador conduce o programa de forma axeitada, nada pesada nin petulante, e coido que a xente nova pode disfrutar dun programa coma este, aprendendo cousas que explican por qué somos como somos. Alomenos para mín, o intento vale a pena, nunha televisión na que hai moi pouca cousa proveitosa que ver. E o resultado éme máis que interesante.
Como se emite dende os inicios do 2007, haberá que ver na rede os episodios anteriores, que están todos na web da TVG, ou no youtube.
Déixovos aquí un anuncio do programa.
Uy, a TVG...
ResponderEliminarUy a TVGGGGG...
Explícome. Eu, coma ti, coma todos, coñecín a TVG do fraguismo. Coñecimos a TVE de Urdaci e os tertulianos de RNE donde cada noite rachábase España. Coñecemos a TVE de ZP (todo hai que dicilo, nada que ver coa de Urdaci).
Da TVG de Touriño non teño especial queixa pois penso que mantivo unha ecuanimidade saudábel (antes a imparcialidade era unha honra de calquer periodista, agora semella ser ó reves). Os políticos que están no goberno chupan máis cámara, o mesmo que con Fraga (sen chegar a eses extremos) pero sin unha manipulación ideolóxica clara.
Por que digo todo isto? Estiven uns días en Madriz, coa miña nai. E, por suposto, para comprobar o que denuncian os mesmos profesionáis de TeleMadriz, estiven escoitando (máis que vindo) algún telexornal e programas de opinión e resumo das novas do día.
Fiquei abraiado. Non é chouta! Iso é un master, un doctorado en manipulación informativa. Agás a COPE, non se viu ningures cousa semellante. A intención do "xornalista" é evidente: presentar a realidade do xeito que lle convén a certo partido político (casualmente quen está no goberno rexional) e, sobre todo, descalificar ó goberno.
Eu son madrileño e coñecín o TeleMadriz de Leguina e Gallardón. O certo é que era unha cadea bastante querida polos madrileños, e daba unha información local bastante boa.
Espe convertíu TeleMadriz nun órgano propagandístico da dereita golpista. En cada telexornal, en cada tertulia, escenifícase a destrucción de España por ese demo feito home que é Zapatero.
O Apocalipse de San Xoán é un conto de nenos en comparación daquilo. É até...divertido. Recórdame as viñetas de Martínez el facha.
Por iso digo. Uyyy que medo a TVG... Non é que a vexa, que non vexo case que nunca a tele, pero ó cabo tamén se paga cos meus cartos. E se o PP quere facer propaganda, que a pague do seu peto, que cartos non lles faltan (e agora no goberno, menos).
Ah! No aMule están eses capítulos, e estoumos baixando. A ver que tal (sóame, penso que vin un, pero vai un ano ou así, pode ser?).
O presentador propón ó final unha boa pregunta:
ResponderEliminarÉ este o final da nosa historia?
Despois do xiro involucionista do Domingo, semella que sí.
Sí, pode ser, o programa xa leva dende os comezos de 2007.
ResponderEliminarTamén medo me da a min que agora que voltan os pepeiros, quiten programas coma este, e amplien o Luar... :-S
Faloume meu sobriño do programa este pero ainda non tiven ocasion de velo; o certo e que eu da "tivigaita" so vexo de cando en vez os informativos por saber algo do tema local.
ResponderEliminarNon descartes que agora co a volta dos "populares" Gayoso e outros especimens volten a ter o monopolio da pantalla.
Saudiña e sorte.